Incendio a carón dunha nave de polos en Malpica

Incendio a carón dunha nave de polos en Malpica
Incendio a carón dunha nave de polos en Malpica

Algunhas muxicas saltaron a un feixe de leña e plantaron lume

O 112 Galicia tivo constancia dun incendio a carón dunha nave de polos situada na Trémoa, en Malpica de Bergantiños. Por fortuna, ninguén resultou ferido e ningún animal sufriu por mor deste lume que comezou no exterior da nave, onde trataban de quentar auga. Algunhas muxicas saltaron a un feixe de leña e plantaron lume.

Non obstante, só houbo danos materiais, como unha estancia na que gardaban utensilios, a leña acumulada e un aparato eléctrico.

Comentarios