Roberto Rodríguez e Sandra Leira gañan a XXXIV edición do descenso do Tambre

Roberto Rodríguez e Sandra Leira gañan a XXXIV edición do descenso do Tambre
Roberto Rodríguez e Sandra Leira gañan a XXXIV edición do descenso do Tambre

Roberto Rodríguez, do club kaiak Tudense, proclamouse campión absoluto na categoría K-1 masculina. Alberto Viaño e Carlos Balsa, os dous do club Ribeiras do Tambre, quedaron segundo e terceiro

A praia fluvial de Tapia acolleu este domingo, 11 de agosto, a XXXIV edición do descenso do Tambre, na que uns 150 padexeiros xuntáronse en Ames para participar nas probas de descenso e de circuíto. Roberto Rodríguez, do club kaiak Tudense, proclamouse campión absoluto na categoría K-1 masculina. Alberto Viaño e Carlos Balsa, os dous do club Ribeiras do Tambre, quedaron segundo e terceiro. Na categoría absoluta feminina K-1 a gañadora foi Sandra Leira, do club deportivo náutico de Miño. Segunda quedou Andrea Pérez, tamén do club deportivo náutico de Miño, e terceira foi Lorena Viaño, do club Ribeiras do Tambre.  Na categoría C-1 masculina o gañador foi Francisco Celestino Rodríguez.   

Un ano máis o río Tambre volveu a encherse de piraguas e canoas. Foron moitos os veciños e veciñas de Ames que se achegaron ata a área recreativa de Tapia para gozar do piragüismo e ver aos mellores padexeiros e padexeiras de Galicia, que se deron cita na XXXIV edición do descenso do Tambre. Arredor de 150 padexeiros competiron por alzarse cos premios nas distintas categorías. A baixada do Tambre, organizada polo Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre xunto co Concello de Ames é xa toda unha referencia para o piragüismo galego.

Na baixada desde a ponte de Portomouro ata a praia fluvial de Tapia participaron padexeiros das categorías cadete, xuvenil, sénior e veterano. Dentro destas categorías competiron arredor de 50 padexeiros e padexeiras que tiveron que percorrer unha distancia de 5.400 metros. Tampouco faltou o circuíto da praia fluvial, reservado ás categorías benxamín, alevín, infantil que percorreron 1.500 metros. Nas categorías de nenos/as participaron arredor de 100 padexeiros. 

Na categoría sénior K-1 masculina o gañador foi Roberto Rodríguez, do club kaiak Tudense. Alberto Viaño e Carlos Balsa, os dous do club Ribeiras do Tambre, quedaron segundo e terceiro. Na categoría absoluta feminina K-1 a gañadora foi Sandra Leira, do club deportivo náutico de Miño. Segunda quedou Andrea Pérez, tamén do club deportivo náutico de Miño, e terceira foi Lorena Viaño, do club Ribeiras do Tambre.

Na categoría xuvenil K-1 masculina gañou Ángel González, e na segunda posición quedou Bernabe Pais, ambos do club de piragüismo Ribeiras do Tambre. A terceira posición foi para Álvaro Bachiller do club deportivo náutico de Miño. Na proba xuvenil K-1 feminina a primeira posición foi para Andrea Pérez, do club náutico de Miño, mentres que segunda foi Lorena Viaño e terceira quedou Andrea Tuñas, ambas do  club de piragüismo Ribeiras do Tambre.

Na categoría cadete K-1 masculina o gañador foi Pablo Sande do club náutico de Miño, mentres que Diego Romero, do club Ribeiras do Tambre quedou segundo. A terceira posición foi para Pablo Riveira do club náutico de Miño. Na categoría cadete feminina quedou na primeira posición Sandra Leira, do club náutico de Miño. A segunda posición foi para Laura Ardións, do club Ribeiras do Tambre, e terceira foi Carmen Mosquera do club náutico de Miño. 

Por último en canto ao descenso do Tambre na categoría masculina de veteranos K-1, gañou o padexeiro Neftali Paraje do club Ría de Betanzos; na segunda posición quedou Jorge Dieguez do club náutico de Pontecesures; e terceiro foi José Ramón Angueira do club Ribeiras do Tambre.



Comentarios