Rexistran máis de 1.000 sinaturas para evitar a supresión da Intervención Especial de Armas e Explosivos en Ordes

Rexistran máis de 1.000 sinaturas para evitar a supresión da Intervención Especial de Armas e Explosivos en Ordes
Rexistran máis de 1.000 sinaturas para evitar a supresión da Intervención Especial de Armas e Explosivos en Ordes

Dende o Concello de Ordes o secretario da Federación Galega de Caza da Coruña, Antonio del Río Viqueira, remitiulle onte á mañá a documentación á subdelegada do Goberno

Da man de Antonio del Río Viqueira, secretario da Federación Galega de Caza da Coruña, onte á mañá rexistráronse no Concello de Ordes 1.000 sinaturas recollidas por toda a comarca solicitando a reconsideración do posible peche da Intervención Especial de Armas e Explosivos (I.A.E.) da Garda Civil en Ordes. Unha solicitude dirixida á subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Rioboo.

A dita demanda se suma á expresada recentemente polo alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, quen ante o peche deste servizo por vacacións do persoal enviou unha carta igualmente á subdelegación do Goberno expoñendo “que na medida do posible se dote de persoal para manter en funcionamento o I.A.E de Ordes durante o mes de setembro”. Unha solicitude perfectamente entendible si se ten en conta que o período de caza dará comezo o 20 de outubro, obrigando a moitas persoas do colectivo de cazadores a desprazarse a outros lugares para facer os preceptivos trámites.

Xa recentemente foi o propio presidente da Federación Galega de Caza na Coruña, José María Álvarez Villar, quen lle solicitara ao delegado do Goberno en Galicia, Antón Losada, a paralización do peche da I.A.E. da Garda Civil en Ordes. Nunha carta enviada tamén aos alcaldes da zona se exponía o número elevado de queixas recibidas por parte deste colectivo ante o enorme prexuízo que acarrearía a supresión do servizo dado o gran volumen de cazadores rexistrados na zona. Número especialmente considerable nos concellos de Curtis, Vilasantar, Oza-Cesuras, Mesía, Frades, Abegondo, Carral, Tordoia e Ordes, cuxo número total de armas rexistradas superan as 10.000. A isto súmaselle unha empresa de pirotécnia e cinco canteiras distribuídas polo territorio, nas cales é imprescindible o uso de material explosivo. 

Comentarios