O Santiago Futsal quenta motores para esta nova tempada

O Santiago Futsal quenta motores para esta nova tempada
O Santiago Futsal quenta motores para esta nova tempada

Ao longo da semana realizarán as sesións dirixidas, nas que dobrarán xornada de traballo mércores e venres

Este martes día 13 tivo lugar o primeiro día do novo Santiago Futsal, equipo que disputará en setembro a súa segunda temporada consecutiva na Segunda División da LNFS.

A xornada iniciouse coa presentación oficial do equipo nas instalacións do Multiusos Fontes do Sar. Nela, o presidente D.Ramón García Seara, acompañado polo Vicepresidente Bernardino Rama e Juan Agra, directivo do club, deulles a benvida aos xogadores, desexándolle moita sorte nesta nova campaña que comeza. “Benvidos ao Santiago Futsal. Desexámosvos unha temporada chea de éxitos na que esperemos que vos adaptedes con moita brevidade. Desde o club faremos todo o posible para que así sexa. Se todos remamos na mesma dirección, sen antepoñer personalismos, conseguiremos o que nos propoñamos“ comentou o Presidente.

A continuación, o adestrador David Rial presentou ao seu corpo técnico e citounos para hoxe ás 17:30 no PM de Santa Isabel, onde terán a primeira sesión de adestramento.

COPA GALICIA CONTRA O STELLAE

Ao longo da semana realizarán as sesións dirixidas, nas que dobrarán xornada de traballo mércores e venres. No horizonte está o primeiro partido de Copa Galicia contra o Stellae F.S., o próximo día 23 no Pavillón Municipal de Padrón (Grupo escolar).

Este será o primeiro partido no que se enfrentarán dous equipos de importancia na comarca de Santiago de Compostela. O Stellae FS amosará as súas cartas para a vindeira tempada ao igual que o equipo do Santiago Futsal.

Comentarios