Chega unha fronte pouco activa á cidade

Chega unha fronte pouco activa á cidade
Chega unha fronte pouco activa á cidade

En Compostela a temperatura mínima acadará os 14ºC e a máxima chegará aos 23ºC

Na xornada do mércores teremos a entrada dunha fronte moi pouco activa que achegará moita nubosidade e a posibilidade de chuvias no terzo norte; no sueste agárdase unha xornada de ceos con nubes e claros.

As temperaturas mínimas ascenderán moderadamente, mentres que as máximas continuarán sen cambios. En Compostela a temperatura mínima acadará os 14ºC e a máxima chegará aos 23ºC.

Os ventos soprarán frouxos de compoñente oeste.

Comentarios