O CIM de Boqueixón organizou un obradoiro de Graffiti pola Igualdade

O CIM de Boqueixón organizou un obradoiro de Graffiti pola Igualdade
O CIM de Boqueixón organizou un obradoiro de Graffiti pola Igualdade

O lugar escollido para o vistoso mural foi unha das paredes do patio de Educación Infantil do CPIP Antonio Orza Couto

 Un total de 17 nenas e nenos de entre 9 e 12 anos participaron onte no obradoiro Graffiti pola Igualdade. Organizado polo Centro de Información á Muller (CIM) de Boqueixón e subvencionada pola Secretaría Xeral da Igualdade e polo Ministerio de Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade, esta proposta creativa comprendeu a elaboración dunha pintura mural creada pola mocidade participante nesta iniciativa.

O lugar escollido para o vistoso mural foi unha das paredes do patio de Educación Infantil do CPIP Antonio Orza Couto. Así, “este espazo de recreo infantil converteuse nun lugar no que xa se visibiliza a loita pola igualdade a través desta forma de expresión artística que permite comunicar ideas, inquedanzas e preocupacións da sociedade”, indican dende o CIM, ao tempo que amosaron a súa satisfacción pola boa resposta por parte das mozas e mozos asistentes a esta actividade.

A actividade foi impartida por persoal da entidade Vella Escola, especializada en arte urbana. Durante a sesión, as nenas e nenos aprenderon a manexar os esprais, así como pequenos trucos para aportar textura e fondo aos seus graffitis. 

Comentarios