​Nito, terceiro xogador do Santiago Futsal no europeo Sub 19.

​Nito, terceiro xogador do Santiago Futsal no europeo Sub 19.
​Nito, terceiro xogador do Santiago Futsal no europeo Sub 19.

A plantilla do Santiago Futsal deixa pegada non só en Galicia, senón tamén na selección española

Néstor Valle Gómez “ Nito” , primeiro reforzo do Santiago Futsal para esta temporada, representará a España xunto aos seus compañeiros Recio e Adrián Rodríguez “Pirata” no próximo Europeo Sub 19 que se celebrará en Letonia do 8 ao 14 de setembro.

O peche burelense, que xa foi convocado en multitude de ocasións coa Selección Española, cubrirá a baixa por lesión do xogador do Sala 10 Zaragoza Ali Ali Al- Lal no primeiro Europeo

Sub 19 de futbol sala. “Estou moi feliz e contento coa chamada do seleccionador. É un orgullo e unha oportunidade incrible, pero ao mesmo tempo quero mandarlle todo o meu apoio a Ali, compañeiro e amigo co que disfrutei varias concentracións”.A expedición sairá o vindeiro luns 19 de agosto desde Madrid e debutará contra o combinado croata o 8 de setembro no Area de Riga.

Comentarios
Lo más