O Open Arms entra en augas italinas pese a prohibición de Salvini

O Open Arms entra en augas italinas pese a prohibición de Salvini
Arquivo
O Open Arms entra en augas italinas pese a prohibición de Salvini

Na madrugada de hoxe a organización lanzou un comunicado que acabaran de entrar en augas italinas

O barco, propiedade da ONG Open Arms ( organización sen ánimo de lucro cuxa misión principal e protexer ás persoas que intentan chegar a Europa por mar), con 147 migrantes e rexufiaxos a bordo entrou en augas italianas e está a espera de fondear no porto de Lampedusa. A organización síntese orgullosa aínda que admite "É unha noite larga, pero o final está preto". 

O Ministro do Interior, Matteo Salvini prohibe taxantemente a entrada de dito embarcación nas súas costas, pero este decreto deixou de facer efecto no momento no que conseguiron a autorización do Tribunal Administrativo de Lazio a través dun recurso, aclarando que se trataba dunha "situación de excepcional gravidade e urxencia".

Neste momento o barco está a espensas de ter un permiso para atracar en porto e así poder desembarcar aos migrantes. Agora mesmo, sábese que o barco está a 5 millas da costa e recibe apoio do veleiro Astral (propiedade da mesma ONG). Mentres o país está nun conflicto ético o goberno de Sergio Mattarella desmóntase ca diversidade de opinións sobre a humanidade e os seus límites. 

España cambiou a súa postura recentemente para acoller ós inmigrantes e asumir unha parte dos extranxeiros do buque. Ao principio rexeitaba a acollida argumentando que as costas españolas xa afrontan a chegada de extranxeiros por Marrocos, pero ante a presión que se está a sufrir o barco asume parte dos migrantes para afrontar a crise canto antes.

Comentarios