Amés continúa coa campaña de concienciación sobre a necesidade de non tirar toalliñas ó vater

Amés continúa coa campaña de concienciación sobre a necesidade de non tirar toalliñas ó vater
Concello de Ames
Amés continúa coa campaña de concienciación sobre a necesidade de non tirar toalliñas ó vater

O Concello de Ames en colaboración ca empresa Espina & Delfín están levando a cabo varias estratexias para continuar ca campaña

Hai preto de un ano o Concello de Ames e a empresa Espina & Delfín puxeron en marcha unha campaña para tratar de concienciar á veciñanza da necesidade de non tirar toalliñas polo WC. Ames gasta 114.000 euros ao ano en avarías producidas polo uso inadecuado das toalliñas (37.000 euros en traballos de desatascos na rede de saneamento, 29.000 euros en bombeos e 48.000 euros en labores de limpeza de depuradoras). Na cabeceira da páxina web municipal hai colocado un banner da campaña co obxectivo de concienciar e informar á veciñanza da importancia que ten facer un uso axeitado e responsable das toalliñas.

Baixo o lema “Tirar toalliñas ao WC PASA [á] FACTURA. As toalliñas á PAPELEIRA!”, o Concello de Ames e a empresa Espina & Delfín puxeron en marcha unha campaña para tratar de concienciar á veciñanza da necesidade de non tirar toalliñas polo WC. Trátase dunha campaña en positivo a través da cal se trata de informar e concienciar aos usuarios/as do dano que pode ocasionar o mal uso das toalliñas, a necesidade de tiralas á papeleira en lugar de ao inodoro, e unhas pautas de como deben usarse, tendo en conta que non son biodegradables, polo menos non a curto prazo.

O uso indebido das toalliñas en particular, e todos os pequenos plásticos que se tiran ao váter no día a día, non só pasan factura medioambiental senón que tamén teñen repercusión no peto do cidadán. Por iso, a través desta campaña trátase de concienciar á cidadanía da problemática que ocasiona o deposito destas toalliñas na rede de abastecemento. Debido a iso é necesario evitar que se tiren polo inodoro, e para iso, é fundamental a educación da mocidade. Segundo un estudo realizado pola empresa Espina y Delfín, o Concello de Ames gasta 114.000 euros ao ano en avarías producidas polo uso inadecuado das toalliñas (37.000 euros en traballos de desatascos na rede de saneamento, 29.000 euros en bombeos e 48.000 euros en labores de limpeza de depuradoras). Así, os cartos que van destinados a intentar solucionar este problema non poden inverterse noutras partidas. De aí o lema da campaña, xa que as toalliñas pasan factura ao medio ambiente e pasan á factura, polos gastos que lle ocasionan ao Concello e ao cidadán de xeito indirecto.

Comentarios