O Concello de Noia aplica ás palmeiras un novo tratamento preventivo contra o picudo vermello

O Concello de Noia aplica ás palmeiras un novo tratamento preventivo contra o picudo vermello
Concello de Noia
O Concello de Noia aplica ás palmeiras un novo tratamento preventivo contra o picudo vermello

O tratamento estase levando a cabo no paseo de Alameda, según informa o propio Concello

O Concello de Noia vén de aplicar esta semana un novo tratamento preventivo contra o picudo vermello ás palmeiras do paseo da Alameda e na súa contorna. A edil de Parques e Xardíns noiesa, Mariola López, indicou que “esta é a terceira vez en que aplicamos o tratamento contra este insecto. A finais deste ano completaremos unha nova acción preventiva. Grazas a estas accións, que se complementan con labores de poda, conseguimos previr os efectos devastadores deste insecto, así como recuperar algunha das especies que xa se atopaban afectadas polo mesmo”, detalla a concelleira noiesa.

Máis concretamente, este tratamento fitosanitario aplicouse nas palmeiras situadas na Alameda, nos Xardíns de Felipe de Castro, diante do IES Virxe do Mar e do pavillón Agustín Mourís. “Co fin de non molestar aos viandantes, e dado que os produtos son nocivos, estas tarefas desenvolvéronse a primeira hora da mañá”, indica Mariola López. A concelleira lembrou que “o Concello e Noia foi pioneiro na aplicación deste tipo de tratamento, que iniciamos o pasado ano 2016. Trátase dunha acción necesaria, xa que, ademais de manter as árbores en perfecto estado, prevese que, debido á acción deste insecto poidan ter risco de caída”, concreta.

Comentarios