Mercedes Rosón asiste á tradicional misa de San Roque

Mercedes Rosón asiste á tradicional misa de San Roque
Imaxe de Arquivo
Mercedes Rosón asiste á tradicional misa de San Roque

A actual alcaldesa en funcións foi a encargada de presidir a misa na mañá de hoxe ás 11:00

O señor Bugallo e o secretario do PSdeG en Santiago, Sindo Guinarte non están dispoñibles para continuar o programa do Concello. Parece ser que ambos os dous secundan as vacacións do líder do seu partido Pedro Sánchez, xa que tivo que presidir a misa de San Roque  a señora Mercedes Rosón, a actual alcaldesa en funcións acompañada (en parte) do seu grupo municipal. Tamén asistiron membros do grupo municipal do PP en mínoria á misa celebrada na Igrexa de San Roque.

A ausencia dos grupos de Compostela Aberta e BNG era máis que evidente neste misa que enaltece a figura relixiosa dun santo. De feito, é de estranar que ningún dos partidos se pronunciase sobre a misa á que asiste o actual goberno de Santiago de Compostela.

O párroco encagardo de levar a cabo a ceremonia agredeceu a asistencia de todos os presentes, facendo un especial fincampé a Mercedes Rosón e o resto do grupo municipal. 

Entre as declaracións de Bugallo nos medios e máis tarde a asistencia á misa da ofrenda ao Apostolo, o PSdeG  finalmente deixa claro a súa postura sobre a igrexa e destapa que participa nunha colaboración constante con esta institución relixiosa.

IMG 9527



Comentarios
Lo más