11 nenas e nenos saharauís pasan o verán con familias amesás

11 nenas e nenos saharauís pasan o verán con familias amesás
Concello de Ames
11 nenas e nenos saharauís pasan o verán con familias amesás

Un ano máis o Concello de Ames colabora co programa Vacacións en Paz, que leva a cabo a Asociación Solidariedade Galega co Pobo

Saharauí, a través do cal as familias do municipio acollen durante os meses de xullo e agosto nenos e nenas saharauís

Un ano máis o Concello de Ames colabora co programa Vacacións en Paz, que leva a cabo a Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, a través do cal as familias do municipio acollen durante os meses de xullo e agosto nenos e nenas saharauís. Nesta edición son 11 familias amesás as que acollen a 7 nenas e 4 nenos ata o vindeiro 9 de setembro. Estes rapaces e rapazas chegaron a Ames os días 7 e 9 de xullo. Destes 11 nenos e nenas, 6 participan por primeira vez este ano no programa de Vacacións en Paz. Está previsto que durante a última semana deste mes de agosto visiten a Casa do Concello.

Jadiyetu, Aichatu, Zahra, Mulay, Jalil, Salma, Handu, Hasanna, Munina, Brahim e Iman son as 7 nenas e 4 nenos que chegaron a Ames os días 7 e 9 de xullo. Deste xeito, 11 familias de Ames volven a participar durante este verán co programa Vacacións en Paz, que leva a cabo a Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí. Os 11 rapaces e rapazas estarán en Ames ata o vindeiro 9 de setembro. Volverán aos campamentos os días 7 e 9 de setembro.

Algúns deste nenos e nenas, xunto coas súas familias de acollida, pasaron a semana pasada polas instalacións de Ames Radio para falar das súas vacacións en Ames durante este verán. Todos eles coincidiron en enumerar a praia, a piscina e a comida, como aquilo que máis lle gusta das súas vacacións. Destes 11 nenos e nenas, 6 participan por primeira vez este ano no programa de Vacacións en Paz.

Este programa preséntase nun marco de solidariedade e axuda desinteresada co fin de propiciarlles unha estancia agradable e humanamente rica aos rapaces e rapazas saharauís. Trátase de ofrecerlles a estes nenos/as, que naceron nun clima de guerra, a posibilidade de coñecer outros xeitos de vida, de maneira que iso contribúa, a súa formación.

O goberno municipal asinou de novo este ano un convenio de colaboración coa asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, a través do cal durante os meses de xullo e agosto estes 11 nenos/as saharauís pasarán as súas vacacións en Ames. O Concello actúa de mediador entre as familias amesás e esta asociación para xestionar a estadía dos rapaces e rapazas saharauís en Ames. A Administración local encárgase de pagar o billete de avión (ida e volta) de cada rapaz/a.


Comentarios