A Garda Civil requisa case 40 kg de percebes na zona do Portiño na Coruña

A Garda Civil requisa case 40 kg de percebes na zona do Portiño na Coruña
Garda Civil
A Garda Civil requisa case 40 kg de percebes na zona do Portiño na Coruña

Os furtivos estaban sendo vixiados no momento da extracción, esto facilitou a identificacións dos 9 individuos

O Servizo Marítimo Provincial da Garda Civil de A Coruña en colaboración ca de Oleiros e Gardapescas da Cofradía de A Coruña, incautaron case 39 kilogradmos de percebe, 9 traxes de buceo, 8 rascas para a obtención do percebe e dous vehículos no Seixo Branco - Mera.

Os feitos aconteceron cando os efectivos dos  distintos corpos de seguridade se deron conta de que 9 individuos estaban levando a cabo a extracción do percebe sen licenza nos cantís da vila de Mera. Por se fora pouco, tamén localizaron os vehículos estacionados na próximidade do lugar onde estaban actuando os presuntos furtivos.

As persoas que estaban levando a cabo esta actividade ilegal saíron da agua con 8 bolsas de percebe e cas rascas, que axiña meteron no maletero dun dos coches que os estaba agardando. De seguido, puxeron outra muda para non ser detectados e meteron o restos de apeiros da pesca furtiva na maleta do segundo coche. 

O que non sabía era que xa estaban sendo vixiados desde fai tempo pola Garda Civil e foi no momento que arrancaron os coches cando interviron as forzas policiais.

Os axentes procederon á incautación das capturas así como os medios empregados para a comisión do ilícito e, posteriormente entregados ao Servizo de Gardacostas de Galicia.

Comentarios