Reciben un aviso de incendio e atopan unha plantación de marihuana

Reciben un aviso de incendio e atopan unha plantación de marihuana
Garda Civil
Reciben un aviso de incendio e atopan unha plantación de marihuana

A Garda Civil informou do suceso o venres 16 de agosto

A Garda Civil do posto da Pontes máis a de Mugardos en colaboración ca Policía Local de Ares e o GES, detiveron a un individuo como presunto autor dun delito contra a saúde pública.

Tras recibir un aviso de incendio, os axentes dos distintos corpos desprazáronse ata unha bodega nunha vivenda de Cervás, en Ares, co propósito de evacuar e socorrer ás posibles persoas que necesitaran auxilio no lugar do lume. 

Unha vez chegados ata a localización do suceso, precederon a súa extinción, tras asegurarse que non había ningunha vítima, de súpeto atopáronse unha plantación de marihuana composta por 31 plantas  e outras 25 colgadas en proceso de secado, facendo un total de 56 plantas de marihuana.

A Garda Civil, unha vez sofocado o conato de incendio, preocedeu a detención do inquilino da vivenda como presunto autor dun delito contra a saúde pública. Posteriormente incautaron todas as plantas ilegais.

O detido, xuntos cas actuacións realizadas foi posto a disposicións do Xulgado de Instrucción de Garda de Ferrol. 

Comentarios