Regresa o mal tempo en forma de chuvia

Regresa o mal tempo en forma de chuvia
Meteogalicia
Regresa o mal tempo en forma de chuvia

As temperaturas en Santiago serán de 17º as mínimas e dem21º as máximas

O bo tempo remata ca entrada do fin de semana. En Galicia agárdase ceos con máis nubes canto máis ó oeste, onde mesmo haberá posibilidade de orballos. Xa pola noite a fronte irá afectando progresivamente ó resto de Galicia, deixando chuvias xeneralizadas, aínda que menos probables no sueste. As temperaturas mínimas sufriran un pequena subida, mentres que ás maximas descenderan en todo o territorio.

En Santiago prevese unha alternancia de períodos de ceos moi anubrados con outros con nubes e claros, aínda que ocasionalmente poderán atoparse pouco anubrados ou despexados. Mañá agárdanse precipitacións ao igual que o domingo. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas sen cambios aínda que oscilarán e máximas en descenso moderado.

Comentarios
Lo más