Falecen dúas persoas nun accidente de moto en Monforte

Falecen dúas persoas nun accidente de moto en Monforte
Imaxe de arquivo
Falecen dúas persoas nun accidente de moto en Monforte

O pasado venres, o 112 recibiu o aviso dun accidente na LU-903 á altura de Santo Acisclo.

De novo, as estradas galegas levan a vida de dúas persoas. Dous ocupantes de moto faleceron tras colisionar cun turismo na estrada LU-903  en torno ás 17:00 horas da tarde do pasado venres á altura da parroquia de Santo Acisclo, en Monforte de Lemos.

O equipo do 112 tivo constancia do sinistro minutos despois de ser alertados por un particular. Os xestores de emerxencias, solicitaron a colaboración dos Bombeiros de Monforte, dos axentes de Tráfico e a Policía Local e Protección Civil da llocalidade.

Pese os esforzos de reanimar aos ocupantes do sinistro, o equipo sanitario non pudo salvar a vida dos veciños da zona, con 20 e 39 anos de idade.


Comentarios
Lo más