Boa acollida da feira artesanal e mariñeira en Ribeira

Boa acollida da feira artesanal e mariñeira en Ribeira
Concello de Ribeira
Boa acollida da feira artesanal e mariñeira en Ribeira

Os días 15, 16 e 17 de agosto estáse a celebrar a feira artesanal polas rúas da localidade.

Axudada polo bo tempo reinante dende a xornada de antonte, a feira artesanal e mariñeira que abriu as súas portas na tarde do 15 de agosto. De momento está a rexistrar un ambiente excepcional, con numerosas persoas que están a mercar ou curiosear polo cento de postos diseminados nas rúas peonís da cidade, nomeadamente Galicia, Santa Uxía e Rosalía de Castro no tramo cercano ao mar, ademais da praza do Concello.

O certame conta con diversidade de produtos de alimentación, artesanía, coiro, alfaias, xoguetes, especies, instrumentos musicais, perfumaría, etc., chagados de distintas partes da xeografía española e países como Portugal, Marrocos, Túnez, Arxentina, México… Artemar está sendo animada cunha variada programación que incluíu esta mañá teatro de títeres fronte ao museo municipal (a cargo de Pirueta Teatro), musíca pola rúa ou actividades infantís na praza do Concello, contos do mar (por parte de Tragaleguas Teatro), etc.

Tamén, o tecido asociativo está a colaborar a través de diferentes stands enclavados na praza consistorial, mentres que artistas como Antonio Pérez, Luis Polo, Santarelli, Teresa González ou Teresa Argibay, mostran e crean en vivo durante os días de feira. Tamén se exhibe obra de numerosos artistas na Galería O Faiado.

Comentarios