Intentan subir un balea varada a porto cun desfortunado final

Intentan subir un balea varada a porto cun desfortunado final
Youtube
Intentan subir un balea varada a porto cun desfortunado final

O suceso aconteceu en Navia, preto de da fronteira con Galicia





O cetario que quedou varado o pasado mércores na cala do Figo, en Tapia de Casariego, moi preto da fronteira con Galicia, o animal, xa falecido foi trasladado ás instalacións do Consorcio para a Xestión de Residuos Sólidos (Cogersa) en Xixón co fin de realizarse a necropsia tras o complicado traslado que levou a cabo Salvamento Marítimo. Os cales, foron os encargados de levar a balea ata o porto de Navia para poder quitala fóra da auga.

A primeira parte da operación poderíase calicar de exitoso, pese os percances ocasiado, o problema chegou no momento no que amarraon o animal pola cola e ca axuda dunha grúa tentaron subila á terra, foi nese xusto instante cando o animal partiu en dous ao non resistir o seu propio peso pola zona da cola.


Ao principio, as estimacións sobre o peso do cadaver oscilaba entre 25 e 35 toneladas, pero finalmente o peso era dunhas 47 toneladas. Esto provocou que houbera que cambiar a grúa para poder elevar o cetareo, o que conlevou retrasar o operativo ata hoxe pola mañá.

Este exemplar alcanzaba os 21,7 metros de lonxitude e quedou varada nunha pequena cala de dificil acceso, ao que non se podía chegar en vehículo, aínda que esto non fixo ceder a afluencia de visitantes que se fotografiaron con ela nos últimos días.

Comentarios
Lo más