O Combo Dominicano arrasa en Ordes

O Combo Dominicano arrasa en Ordes
Concello de Ordes
O Combo Dominicano arrasa en Ordes

Na madrugada de onte, a orquestra reuniu na alameda máis público do que realmente agardaban

Facía tempo que non se veían unhas festas patronais en Ordes tan concorridas como as de este ano. E especialmente na madruga de onte, na que as orquestras Principal e, sobre todo, El Combo Dominicano encheron de milleiros de persoas a vila. A alameda estaba a rebentar de xente de todas as idades que tardaron ata ben entrada a madrugada en marchar para a casa. 

Onte, as festas na honra á Santa María chegan ao seu remate, despois de cinco días na que a música, a diversión, o baile, a alegría e a celebración foron a tónica constante. Susana Seivane e Javier Gurruchaga coa súa inseparable Orquestra Mondragón serán os encargados de baixar o telón. Pero antes toca botarlle outra baile nunha sesión vermú a cargo da orquestra Principal.

Comentarios
Lo más