Preto de 9.000 persoas incribiron o seu testamento vital en Galicia

Preto de 9.000 persoas incribiron o seu testamento vital en Galicia
A Xunta de Galicia
Preto de 9.000 persoas incribiron o seu testamento vital en Galicia

A Xunta publica os datos das persoas rexistradas nestes últimos 6 meses

Na primeira metade de ano, contabilizaronse un total de 674 persoas que formalizaron a súa inscripción no Rexistro Galego de Intrucións Previas. Que é este rexistro? É o documento no que unha persoa maior de idade, capaz e libre, manifesta anticipadamente a súa vontade sobre os coidados e tratamentos que podería precisar no futuro e sobre o destino final do seu corpo, co fin de que esta vontade sexa coñecida e respectada no momento en que non teña capacidade para manifestala. 

Destas 674 persoas, o 62% son mulleres e a porcentaxe restante homes. Ademais, case o 100% dos asinantes fan expresa os coidados e tratamentos da súa saúde. O 52% mostrouse a favor da doazón de órganos e o 18% manifestou a intención a de doar o seu corpo.

Cos últimos inscritos deste ano, o Rexistro Galego de Instruccións previas conta con case 9.000 persoas. Estas últimas repartidas de maneira diversa polas catro provincias, aquí a porcentaxe da cada unha delas.

- A Coruña: Concéntrase o 45% de persoas anotadas.

- Pontevedra: conta cun 37%.

-Lugo: Rexístrase un 11%.

-Oursense: Ten a peor cifra cun 6%.

ANOS ANTERIORES

Según as cifras de anos anteriores por estas datas, as porcentaxes seguen sendo moi parecidas. En relación ó ano pasado, o número de mulleres é maior  (63,5% fronte a 36,5% de homes) e o mesmo pasa ca porcentaxe nas 4 provincias. A Coruña segue de primeira cun 48% seguido de Pontevedra, de residencia maioritaria dos outorgantes foi a Coruña, cun 48%, seguido de Pontevedra cun 37%, Lugo cun 11% e Ournse cun 9%.

A Xunta informa que "as solicitudes de inscrición poden presentarse a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ; en calquera rexistro autonómico ou estatal; nos servizos centrais da Consellería de Sanidade en Santiago e en calquera das unidades do Rexistro galego de instrucións previas".



Comentarios
Lo más