Continúa o mal tempo, pero as temperaturas soben

Continúa o mal tempo, pero as temperaturas soben
Meteogalicia
Continúa o mal tempo, pero as temperaturas soben

Santiago terá unhas temperaturas máximas de 23º e unhas mínimas de 18º

O domingo a fronte retírase á primeira hora polo sueste de Galicia e quedaremos en transición cara á influencia das altas presións. Así agardamos unha mañá de ceos con intervalos anubrados con chuvascos pola mañá, que serán máis probables canto máis ao sueste. Pola tarde, os ceos tenderán a abrir claros quedando máis despexados na franxa atlántica. As temperaturas mínimas seguirán sen cambios. 

En Santiago teremos ceos con nubes e claros con momentos moi anubrados e despexados. Haberá precipatacións na tarde e, en relación ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que descenderán moderadamente aínda que oscilarán e máximas que ascenderán moderadamente.


Comentarios
Lo más