Salvini permite desembarcar ós menores do Open Arms: "En contra da miña vontade"

Salvini permite desembarcar ós menores do Open Arms: "En contra da miña vontade"
Imaxe de arquivo
Salvini permite desembarcar ós menores do Open Arms: "En contra da miña vontade"

O comunicado chegou durante a tarde de onte, sábado 17 de agosto, na que Salvini accedía ao desembarco dos menores non acompañados

Despois dun comunicado de extrema urxencia a través da rede social Facebook en forma de video, o fundador da ONG, Òscar Camps informa que "Después de 16 días a la espera de tener un puerto seguro donde desembarcar, de 6 evacuaciones médicas y de haber informado sobre nuestra situación a las autoridades, sin que hayamos obtenido ninguna respuesta, nos encontramos en situación de necesidad y ya no podemos garantizar la seguridad de las 134 personas a bordo"


O ministro do Interior de Italina, Mateo Salvini, anuncio que, en contra da súa vontade, accedía ao desembarco dos migrantes menores de idade que levaban 17 días a bordo do barco Open Arms. Según manifestou o ministro "fago esto contra a miña vontade e só porque mo pediu o primeiro ministro, Giuseppe Conte"

Conte, enviou por vez segunda unha carta ao ministro do Interior italiano, urxíndo o desembarco inmediato dos menores, ao que Salvini respondeu "como outro exemplo de colaboración leal, tomarei medidas para que non haia obstáculos a que se execute esta orde". 

A cantidade de persoas desembarcadas é de 27 menores non acompañados e o trasvase dos migrantes realizouse poucos horas despois de que Salvini fixese públicas as declaracións.

A Garda Civil Costeira italina foron os encargados de trasladar ós 27 menores que xa pisaron terra Italiana. Unha vez desembarcados do Open Arms os adolescentes despedíronse entre aplausos e o famosa grito de "boza" (vitoria), un lema que se escoita con frecuencia cando os migrantes logran o seu destino.

Comentarios