Ana Pontón pide institucionalizar o 17 de agosto como "Día da Galiza Mártir"

Ana Pontón pide institucionalizar o 17 de agosto como "Día da Galiza Mártir"
BNG
Ana Pontón pide institucionalizar o 17 de agosto como "Día da Galiza Mártir"

A través dun acto celebrado na cidade de Pontevedra, a voceira do BNG homenaxea a figura de Alexandre Bóveda

Ana Pontón, a través dun acto en Pontevedra reivindica a figura de Alexandre Bóveda como un exemplo de galegista que loitou contra o franquismo. A lider nacionalista, recalcou o compromiso férreo do seu partido ca postura de Bóveda, o cal morreu fusilado e atadao nunha árbore de Caeira, en Poio.

“Nin podemos nin queremos pasar páxina mentres non haxa xustiza, recoñecemento e reparación para todas e cada unha das vítimas do fascismo”. 

Alexandre Bóveda foi un dos intelectuais galegos máis relevantes da Segunda República, chegando a ser o motor do Partido Galeguista, segundo palabras de Castelao. A voceira, lembrou que tras rematar o réxime totalitario aínda segue pendente o xuízo que condenou a Bóveda a morrer fusilado. 

Como de costume, Ana Pontón recurreu á figura do actual presidente da Xunta como exemplo dos valores contrarios ao seu partido e de novo, fixo mención aos pactos que realiza o señor Feijoo coa "extrema dereita antigalega, xenófoba e machista". Recordando que "dotou con 60.000 á familia Franco para converter o Pazo de Meirás nunha especie de lugar de apoloxía ó fascismo e achegou 0 euros á recuperación da memoria histórica de Galicia". Por elo, insta a Xunta a: recoñecer, celebrar e  institucionalizar o 17 de agosto como o Día da Galiza Mártir.

PARTIDOS POLÍTICOS

Representantes doutros partidos tamén quixeron facer a súa aportación revindicando a figura do galeguista como símbolo da represión que se sufriu en Galicia. O acto contou coa presenza de concelleiras do PSdeG, e incluso se deixaron ver caras do PP así como o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores. 








Comentarios