Máis de 2.000 persoas desaloxadas nun novo incendio en Gran Canaria

Máis de 2.000 persoas desaloxadas nun novo incendio en Gran Canaria
Twitter Cabildo de Gran Canaria
Máis de 2.000 persoas desaloxadas nun novo incendio en Gran Canaria

O lume calcinou máis de 500 hectáreas repartidas entre varios concellos da illa

A primeiras horas da tarde do sábado, comenzou un novo incendio nos cantís de Los Pajaritos, situado na localidade Gran Canaria de Vallesco. O terceiro importante declarado nas illas nos últimos 8 días. Todo apunta a que o lume se orixinou por causa humana, aínda que os técnicos non descartan que se pudo iniciar de maneira fortuita.

Os medios aéreos que estaban operando no incendio de Aertenara y Cazadores uníronse ás labores de extinción deste novo lume. Lamentablemente, algúns dos hidroavións que estaba traballando na illa, están de volta á súa respetiva base de candansúa comunidade, pero o Goberno de Gran Canaria xa solicitou o apoio dos avións anfivios unha vez máis. Neste momento, son sete os helicópteros de distintas administracións  que están a facer fronte ó lume, aínda que agardan que nas próximas horas se incremente o número de aeronaves na zona.

Gran Canaria atópase en alerta laranxa por altas temperaturas e ao igual que no incendio de Artenera o lume afecta á casco urbano do municipio e aos barrios do seu arredor, o que está a supoñer a evacuación de máis de 2.000 da zona alta de Lanzarote y El Prado, na localidade de Vallesco. 

A través do 112  os veciños están recollendo toda a información actualizada dos barrios e vilas desaloxadas por mor do incendio, así como as estradas que están cortadas para os vehículos. Ademais informan dos lugares que habilitan para a seguridade das persoas afectadas neste incendio declarado a primeira hora de mañá de nivel 2. 

De momento, coñécese que hai máis de 500 hectareas calcinadas. Non obstante, o lume segue sen controlarse, de feito as previsións indican que hai posibilidade de que o vento cambie, o que dificultaría as labores de extinción na tarde de hoxe.


Comentarios
Lo más