A Xunta crea o selo distintivo de "Ameixa de Carril"

A Xunta crea o selo distintivo de "Ameixa de Carril"
turismo.gal
A Xunta crea o selo distintivo de "Ameixa de Carril"

Na celebración da Festa da Ameixa de Carril, Rosa Quintana, a conselleira do Mar informou que vai crear o selo para garantir a calidade deste produto

A Xunta de Galicia pretende exalzar un dos produtos con maior prestixio na costa e crea o selo distintivo "Ameixa de Carril". Ademais para impulsar un bo plan de comercialización vai regular os parques de cultivo deste molusco. Deste xeito, a conselleira do Mar, Rosa Quintana quere dotar dun lugar privilexiado a este marisco tan preciado nas nosas costas, sobre todo na zona das Rías Baixas.

Respecto a marca de calidade, Rosa Quintana tentará establecer e garantir a orixe da ameixa, a competencia desleal e asegurar o futuro das familias que viven do traballo artesán que supón a súa extracción. Así o comunicou na XXVII edición da Festa da Ameixa de Carril celebrada os días 17 e 18 de agosto.

En relación ós parques de cultivo de Carril, a Xunta estregou os títulos definitivos aos case 1.1169 totales. Esto permite dar seguridade xurídica aos donos dos parques e asegurar o seu futuro. "Todo isto, xunto á Festa da Ameiza de Carril, permiten engrandecer os produtos do noso mar" declarou Quintana.

Unha vez máis, o conselleiro de Cultura e Turismo salientou o valor do produto galego e afirmou que Galicia é sinónimo de gastronomía, cunha exquisita materia prima que fai da comunidade un valor a destacar. Porén esta Festa de Interese Turístico de Galicia busca resaltar a calidade do principal produto comercializado na lonxa de Carril. 

Según constata a Xunta, o ano pasado poxáronse unhas 682 toneladas de ameixa por un valor de case 7,5 millóns de euros, a cifra máis alta nos últimos 10 anos. Ademais estes datos son extrapolares ao conxunto de lonxas galegas.

Comentarios