Comezan a subir as temperaturas

Comezan a subir as temperaturas
Meteogalicia
Comezan a subir as temperaturas

A temperatura máxima en Santiago será de 22º, mentres que as mínimas chegarán ata os 11º

En Galicia agárdase alternancia de nubes e claros debido á influencia anticiclónica, aínda que haberá nubes no extremo norte, onde mesmo hai posibilidade de precipitacións. As temperaturas mínimas sufrirán un moderado descenso, mentres que as máximas permaneceran igual en case todos os puntos. Na costa poderase notar vento de maneira moderada, aínda que no interior apenas se notará o aire.

En Santiago poderemos observar no comezo do día algunha nube, pero a medida que o día vaia avanzando os ceos despexaranse. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que se manterán sen cambios aínda que oscilarán e máximas que ascenderán de maneira moderada, en relación a calidade do aire, segue sendo bo.


Comentarios