O Concello de Oroso segue de preto a posible venda do grupo Puentes

O Concello de Oroso segue de preto a posible venda do grupo Puentes
Concello de Oroso
O Concello de Oroso segue de preto a posible venda do grupo Puentes

O Concello amosa a súa seguridade en que a empresa manterá o emprego e actividade en Sigüeiro


O grupo de goberno do Concello de Oroso, liderado por Manuel Mirás pertencente ao PSdeG-PSOE, segue de preto os posibles cambios accionariais no Grupo Puentes, con sede en Sigüeiro e moi vinculado ao municipio. “Coñecemos desde hai semanas as negociacións e queremos trasmitirlle unha mensaxe de tranquilidade e confianza aos veciños”, afirman desde o grupo de goberno orosán.

O Concello de Oroso amosa a súa seguridade en que “a posible venda de Puentes, no caso de que chegue a fructificar, non suporá cambios no que respecta á vinculación e á actividade que ten no municipio”.

As negociacións suporán que a actual directiva se manteña na empresa, que ten ademais numerosas concesións e contratos vixentes en Galicia, “polo que manterá o emprego e a presenza en Sigüeiro”. “Non estamos ao marxe das negociacións, sabemos que existen e estamos informados; a veciñanza de Oroso ten que estar tranquila e os traballadores e as súas familias tamén”, engaden desde o concello.

Comentarios