Un home de 44 anos desaparece na Estrada

Un home de 44 anos desaparece na Estrada
Twitter
Un home de 44 anos desaparece na Estrada

Responde ao nome de José Ángel Bandin Miguen e non se sabe nada del dende as 16:00 do pasado sábado

Un home de 44 anos desapareceu o pasado sábado na Estrada. O home, veciño da parroquia de San Xurxo de Vea, na Estrada foi visto por última vez sobre as 16:00 horas.

A Garda Civil xa abriu un operativo de busca para atopar a José Ángel Bandin Miguen tras a chamada que realizaron os familiares na mañá do domingo. De momento descoñecense máis datos, pero o home non consta de antecedentes de desaparición. Nestes intres o equipo de drons da Axencia Galega de Emerxencias colabora cos axentes na procura de José Ángel. Deste xeito, as aeronaves non tripuladas únense ao operativode busca, ao igual que membros do GES da Estrada, persoal do Servizo Municipal e voluntarios de Protección Civil da localidade.

Por outra banda, a plataforma SOS Desparecidos publicou a descripción física do desaparecido acompañado dunha foto nas redes sociais.

Comentarios