Unha muller queda atrapada entre unha furgoneta e unha parede, en Santiago

Unha muller queda atrapada entre unha furgoneta e unha parede, en Santiago
Unha muller queda atrapada entre unha furgoneta e unha parede, en Santiago

O suceso tivo lugar ás 18:30 horas de onte

Unha muller resultou ferida despois de quedar atrapada entre unha furgoneta e unha parede no garaxe dunha vivenda. O suceso tivo lugar na Praza Irmáns Gomez, no concello de Santiago.

Foi o mesmo condutor quen, ás 18:30 horas de onte, alertou ao 112 Galicia do acontecido.

Ata o punto desprazáronse, tras ser informados polo 112 Galicia, os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os Bombeiros de Santiago, que se encargaron do rescatar á muller atrapada contra a parede.

Unha vez liberala a muller foi evacuada polo persoal sanitario ao centro hospitalario de referencia.

Comentarios