A Xunta da o visto bo para que a empresa Toysal comece a traballar na canteira de Casalonga

A Xunta da o visto bo para que a empresa Toysal comece a traballar na canteira de Casalonga
A Xunta da o visto bo para que a empresa Toysal comece a traballar na canteira de Casalonga

Hoxe martes a plataforma terá unha reunión de urxencia con todas as mesas de traballo para valorar os seguintes pasos a dar

Fai 10 días representantes da plataforma Casalonga Limpa de Residuos asistiron a unha reunión na Xunta co xefe de servizo provincial de Minas, o xefe territorial da Consellería de Industria e o delegado da Xunta na Coruña. Alí confirmáronlles o peor dos seus pronósticos e é que Toysal dispón xa de todos os permisos para comenzar a actividade mineira na canteira, co plan de Labores aprobado e o permiso para baleirar a lagoa incluído.

Uns días despois chégalles por escrito a resposta a unha solicitude que levaban meses esperando. En abril a plataforma solicitou personarse como parte interesada na actividade de Toysal na canteira da Casalonga. A mediados de agosto a Xunta responde que a plataforma Casalonga Limpa de Resíduos (que aglutina a máis de 500 veciños) non ten lexitimidade para personarse no expediente administrativo. “Non saímos do noso asombro, non entenemos por que a Xunta non nos considera parte interesada. Parece que á vez que da facilidades a Toysal pon paos nas rodas dos veciños”, di unha veciña de Calo.

Hoxe martes a plataforma terá unha reunión de urxencia con todas as mesas de traballo para valorar os seguintes pasos a dar. “As malas noticias recibidas estes días preocúpanos pero non nos paralizan, máis ben todo o contrario, sacúdenos, sácanos da nosa ixenuidade e fai que redoblemos os esforzos. Non imos deixar que instalen un vertedoiro encuberto no medio de núcleos densamente poboados. A actividade mineira de Toysal é unha tapadeira para verter 10 millóns de m3 de merda e vaino facer a través do plan de restauración. Se a Xunta non o ve ímosllo facer ver”, manifesta un membro da plataforma.

"Só un cambio lexislativo evitaría os problemas derivados da execución de plans de restauración", afirma á plataforma. Na reunión mantida na Xunta o 8 de agosto solicitaron unha reunión co grupo parlamentario do Partido do goberno para poder abordar este tema. Están a espera dunha resposta.

Comentarios
Lo más