Ferido un operario ao precipitarse ao vacío mentres traballaba nun tellado en Padrón

Ferido un operario ao precipitarse ao vacío mentres traballaba nun tellado en Padrón
Ferido un operario ao precipitarse ao vacío mentres traballaba nun tellado en Padrón

O 112 Galicia tivo constancia dos feitos, ás 11:15 horas desta mañá

Un operario foi trasladado en helicóptero despois de precipitarse do tellado no que traballaba. O accidente ocorreu na Escravitude, na localidade coruñesa de Padrón.

O 112 Galicia tivo constancia dos feitos, ás 11:15 horas desta mañá. O alertante solicitaba asistencia para un traballador que sufrira unha caída desde unha altura e que estaba inconsciente.

De inmediato, os xestores do 112 Galicia puxeron os feitos en coñecemento dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que, debido á gravidade das lesións do operario, mobilizaron ao helicóptero medicalizado con base en Santiago ata o punto.

Tamén foron informados polo Centro Integrado de Atención ás Emerxencias, o GES de Padrón, os axentes da Garda Civil e da Policía Local e Protección Civil da localidade.

Finalmente, os membros do GES confirmaron que o ferido foi evacuado na aeronave ata o Hospital Clínico de Santiago.

Comentarios
Lo más