As estradas galegas rexistraron 55 accidentes na pasada fin de semana

As estradas galegas rexistraron 55 accidentes na pasada fin de semana
Foto de arquivo
As estradas galegas rexistraron 55 accidentes na pasada fin de semana

O día que rexistrou máis incidentes foi o domingo con 23 accidentes

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a 80 persoas debido a 55 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15:00 horas do venres, 16 de agosto, ata as 23:59 horas do domingo, 18 de agosto. O día que rexistrou máis incidentes foi o domingo con 23 accidentes.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 62 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 55 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de 80 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 53% e do 47% respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 38% dos atendidos tiña entre os 20 e os 34 anos.

Por provincias, A Coruña foi a que rexistrou máis accidentes con 23 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 79. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado atenderon en cinco accidentes, o helicóptero medicalizado atendeu en dúas ocasións, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 61 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en sete accidentes. As ambulancias convencionais asistiron en catro sinistros de circulación.

En 70 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en oito ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e dúas persoas faleceron no punto.

Comentarios