Nito, Recio e “Pirata” concéntranse para o Europeo Sub 19

Nito, Recio e “Pirata” concéntranse para o Europeo Sub 19
Nito, Recio e “Pirata” concéntranse para o Europeo Sub 19

O Santiago Futsal contará con tres xogadores nas súas filas: Néstor Valle, Álvaro Recio e Adrián Rodríguez

Hoxe comeza a concentración da Selección Española Sub 19 co obxectivo de conquistar o primeiro Europeo que se celebra nesta categoría.

O Santiago Futsal contará con tres xogadores nas súas filas: Néstor Valle, Álvaro Recio e Adrián Rodríguez,  que están citados hoxe na Cidade do Fútbol de Las Rozas para iniciar a preparación do campionato. 

O combinado adestrarase en Madrid durante esta semana e o venres iniciará a súa participación no Torneo  Intenacional de Montaigu (Francia) como preparativo da gran cita europea que se aveciña.

Os de Albert Canillas enfrontaranse no Area Riga ás seleccións de Croacia, Ucraína e Holanda na fase de grupos, co obxectivo de avanzar ás semifinais que se disputan o próximo día xoves 12 de setembro e posteriormente á final do sábado día 14.

Comentarios