Máis de 60 persoas gozaron da segunda "Noite de Cine" do Concello de Boqueixón

Máis de 60 persoas gozaron da segunda "Noite de Cine" do Concello de Boqueixón
Máis de 60 persoas gozaron da segunda "Noite de Cine" do Concello de Boqueixón

A última cita do programa Noite de Cine terá lugar o venres 6 de setembro no Campo da festa da parroquia de Lestedo

 Máis de 60 persoas participaron o venres na segunda sesión do programa Noite de Cine organizado polo Concello de Boqueixón en colaboración coa Deputación da Coruña. 

A cita desenvolveuse no Campo da Festa de Camporrapado, na parroquia de Oural, e ofreceuse a proxección do filme de animación Maimiño, dirixida a público familiar.

A última cita do programa Noite de Cine terá lugar o venres 6 de setembro no Campo da festa da parroquia de Lestedo e poderase ver a película Coco. A proxección comezará ás 22.00 horas e a entrada é de balde.

Comentarios