Falece un home na praia da Marosa, en Burela

Falece un home na praia da Marosa, en Burela
Falece un home na praia da Marosa, en Burela

Foron varios os particulares que chamaron ao 112 Galicia, ás 11:30 horas, para informar dun bañista con dificultades para saír da auga

Un home faleceu na mañá de hoxe no concello lucense de Burela, na Praia da Marosa.

Foron varios os particulares que chamaron ao 112 Galicia, ás 11:30 horas, para informar dun bañista con dificultades para saír da auga, a causa da forte ondada que nese momento se rexistraba no mar.

Segundo a información facilitada aos xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias, o varón puido ser rescatado da auga e, malia aos esforzos dos servizos de emerxencia desprazados ata o lugar dos feitos, nada se puido facer por salvarlle a vida.

Desde o 112 Galicia, nada máis recibir a chamada de alerta, pasouse aviso aos membros de Salvamento Marítimo, ao Servizo de Gardacostas de Galicia, aos efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Policía Local e á Protección Civil.

Comentarios
Lo más