A SD Compostela e o Milladoiro SD asinan un convenio para a formación de xogadores e técnicos

A SD Compostela e o Milladoiro SD asinan un convenio para a formación de xogadores e técnicos
A SD Compostela e o Milladoiro SD asinan un convenio para a formación de xogadores e técnicos

Ambas entidades colaborarán durante as próximas dúas tempadas

A Sociedade Deportiva Compostela e o Miladoiro Sociedade Deportiva asinaron un acordo de colaboración nas categorías inferiores para as próximas dúas tempadas, 2019-20 e 2020-21, mediante o cal pretenden o impulso da actividade futbolística na comarca, ademais dun estímulo para os máis novos.

Coa firma de ambos presidentes, Antonio Quinteiro Canedo e Vicente González López respectivamente, ambas entidades comprométense a traballar conxuntamente, de forma activa, na formación dos xogadores, pero tamén dos técnicos.

O convenio permitirá aos adestradores e futbolistas da base do Milladoiro SD participar nos programas impulsados polo Compos, como o de formación de técnicos, a Compostec, o Clínic ou os Campus, coas mesmas vantaxes que os membros do club branquiazul. 

A maiores, ambos colaborarán na cesión de xogadores para tentar axudarse mutuamente e, por último, os adestradores do Milladoiro poderán asistir de balde aos encontros de liga no Estadio Verónica Boquete de San Lázaro.

Con este novo acordo, o proxecto de canteira da SD Compostela, coordinado por Víctor Pazos, segue crecendo, xa que se suma tamén ao asinado co Victoria FC.

Comentarios