A marea veciñal consigue que o Concello de Touro presente alegacións ó plan de transporte

A marea veciñal consigue que o Concello de Touro presente alegacións ó plan de transporte
A marea veciñal consigue que o Concello de Touro presente alegacións ó plan de transporte

Unha das apostas estrela deste plan era a conexión de tódalas parroquias coa capital municipal (Fonte Díaz) e Compostela

Fai máis dun ano que o principal grupo da oposición, daquela aínda sen representación, comezou unha serie de xuntanzas e contactos coa intención de presentar unha proposta de transporte metropolitano para o concello durante o período de consultas e estudo que levou a cabo a consellería de mobilidade durante un ano, sen que ningunha outra agrupación do concello participase no mesmo.

Daquela fixeron chegar á administración unha proposta que cubría as necesidades da veciñanza e introducía melloras como o transporte á demanda, conexións con Compostela máis áxiles  coordinadas con concellos veciños como O Pino e unha mellor adecuación ós horarios laborais e escolares.

Unha das apostas estrela deste plan era a conexión de tódalas parroquias coa capital municipal (Fonte Díaz) e Compostela en alomenos dúas frecuencias de ida e outras dúas de volta.

Froito deste traballo o anteproxecto que foi publicado recentemente pola Xunta de Galicia recolle algunha das demandas da marea, como por exemplo a inclusión dunha nova expedición de retorno de Compostela ás 20:30 horas, algo que dende o grupo da marea veciñal consideran insuficiente. Por este motivo forzaron a convocatoria dun pleno extraordinario, ante a negativa do alcalde Ignacio Codesido a facelo para tratar o tema, que tivo lugar o pasado luns 19 de Agosto. Neste pleno as alegacións formuladas pola marea saíron adiante e por primeira vez o concello coruñés presentará alegacións ó anteproxecto de transporte metropolitano que entrará en vigor para os dez vindeiros anos.

Comentarios
Lo más