A Consellería de Sanidade está en permanente contacto sobre a alerta de lesteriose en España

A Consellería de Sanidade está en permanente contacto sobre a alerta de lesteriose en España
A Consellería de Sanidade está en permanente contacto sobre a alerta de lesteriose en España

A AESAN trasladoulle á Dirección Xeral de Saúde Pública de Galicia que non hai evidencias que o produto causante da intoxicación fora comercializado na nosa Comunidade

En relación ao brote de listeriose de Andalucia, a Consellería de Sanidade está en permanente contacto coa Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición, a través da reda de alerta alimentaria (SCIRI), que trasladou á Dirección Xeral de Saúde Pública do departamento sanitario autonómico galego que non hai evidencias de que o produto causante da intoxicación fora comercializado en Galicia.

Os operadores comerciais son os responsables de identificar os perigos dos alimentos que comercializan e adoptar as medidas de control necesarias para eliminalos ou reducilos a niveis aceptables para a saúde. 

Os servizos de inspección da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade son os encargados de verificar que os operadores comerciais cumpren coas súas obrigas, isto inclúe controis oficiais como as inspeccións, as auditorías e a mostraxe aleatoria dos alimentos e a súa análise, para comprobar que as empresas cumpren os requisitos legalmente establecidos. No caso contrario, lévanse a cabo as medidas necesarias para que o fagan. Estas verificacións realízanse a través das inspeccións que se fan dentro da execución do Plan Nacional de Control da Cadea Alimentaria en Galicia.

O plan antes sinalado ten unha serie de obxectivos xerais, como comprobar que os alimentos que chegan á cidadanía son seguros e de calidade, facilitando a promoción da industria alimentaria e eliminando ou reducindo a niveis aceptables os riscos presentes nos alimentos. Entre os obxectivos tamén está a defensa dos dereitos dos consumidores, ademais de garantir un elevado nivel de calidade alimentaria; así como o cumprimento dos requisitos en materia de información alimentaria obrigatoria.

Comentarios
Lo más