Novo tramo de senda peonil na parroquia de Leira

Novo tramo de senda peonil na parroquia de Leira
Novo tramo de senda peonil na parroquia de Leira

Paralela á N-550 ten unha lonxitude de 120 m. Une a fonte do lugar co Barreiro

A parroquia de Leira conta cun novo tramo de senda peonil. Concretamente está situada a carón da N-550 e vai dende o hotel-restaurante O Barreiro ata a fonte do lugar. Unha obra contemplada no POS 2018 e cuxo importe de licitación (IVE incluído) ascendeu a algo máis de 30.318 euros.

A senda ten unha lonxitude de 120 metros e 1,80 metros de ancho. O proxecto incluíu a colocación de bordos entre a senda e a calzada e o noiro. Tamén se levou a cabo a execución dun muro de 20 metros de lonxitude e de 4,50 metros de ancho, con bloques de granito para a contención de terras, así como a instalación de 16 metros de banda bionda coas correspondentes terminais para defensas, e a canalización de dous bueiros de 5 e 6 metros para drenaxe. Tan só queda prevista a colocación dunha varanda de 20 metros que se levará a cabo ao longo dos vindeiros días.

José Antonio Cabeza e Ana Soneira, concelleiros de Obras e infraestruturas e Medio Ambiente respectivamente, comprobaron in situ o resultado final.

Comentarios