Preto de 3.000 persoas tramitaron o carné de usuario das piscinas municipais de Ames

Preto de 3.000 persoas tramitaron o carné de usuario das piscinas municipais de Ames
Preto de 3.000 persoas tramitaron o carné de usuario das piscinas municipais de Ames

Tramitáronse arredor de 1.150 solicitudes, isto pódese traducir en máis ou menos 900 abonos familiares (2.700 persoas) e 250 abonos individuais (250 persoas)

Durante este verán preto de 3.000 persoas tramitaron o carné de usuario para facer uso das piscinas descubertas de Bertamiráns e do Milladoiro. Tramitáronse arredor de 1.150 solicitudes, isto pódese traducir en máis ou menos 900 abonos familiares (2.700 persoas) e 250 abonos individuais (250 persoas). Ademais, das piscinas descubertas municipais, a área recreativa de Tapia, que se atopa ás beiras do río Tambre, convértese tamén nun lugar moi concorrido por todos os veciños e veciñas de Ames nesta época do ano.

As piscinas descubertas de Bertamiráns e O Milladoiro e a área recreativa de Tapia, que se atopa ás beiras do río Tambre, convértense durante os meses de verán en lugares moi concorridos por todos os veciños e veciñas de Ames. Estas instalacións preséntanse como grandes alternativas aos areais da costa galega. Estarán abertas ata o vindeiro 15 de setembro.

Para facer uso destas instalacións dende o departamento municipal de Deportes tramitaron durante o que vai de verán 1.150 solicitudes de carnés de usuario para as piscinas descubertas. Deste xeito, expedíronse 900 abonos familiares (2.700 persoas) e 250 abonos individuais (250 persoas). Calcúlase que preto de 3.000 persoas están facendo uso de ditos abonos.

O Concello de Ames oferta este ano varios tipo de abono para que a veciñanza amesá poda facer uso das piscinas descubertas municipais: o familiar de tempada, o individual para toda a tempada, e o abono de tempada para menores de idade. Tamén hai abonos mensuais, ademais de facilidades para familias numerosas e con poucos recursos.

HORARIOS DAS PISCINAS

As piscinas descubertas municipais e a praia fluvial de Tapia abren ao público xeral desde mediados do mes de xuño. O horario de apertura das piscinas do Milladoiro e Bertamiráns é de 11:00 a 21:00 horas, de luns a domingo, mentres que na praia fluvial de Tapia o horario de apertura é de 15:00 a 21:00 horas, de luns a venres, e os sábados e domingos, de 11:00 a 21:00 horas. Durante estes horarios hai servizo de vixilancia e socorrismo. Estas instalacións estarán abertas ata o vindeiro 15 de setembro.

Comentarios