Unha tixola causa un incendio nunha vivenda de Vilagarcía

Unha tixola causa un incendio nunha vivenda de Vilagarcía
Unha tixola causa un incendio nunha vivenda de Vilagarcía

Sucedeu na Travesía de Casal, uns minutos antes das 12:20 horas

O 112 Galicia tivo constancia no mediodía de onte dun incendio declarado nunha campá extractora dunha vivenda en Vilagarcía de Arousa por mor dunha tixola esquecida ao lume.

Segundo os datos facilitados ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, o lume calcinou o aparello electrodoméstico sen que se rexistrasen danos persoais.

Sucedeu na Travesía de Casal, uns minutos antes das 12:20 horas. Nese momento, unha persoa particular daba conta do incendio ao 112 Galicia. A persoa alertante indicaba no seu relato que ningunha persoa se atopaba afectada polo fume nin polo lume.

Nada máis recibir o aviso, os xestores do CIAE 112 Galicia puxeron os feitos en coñecemento dos Bombeiros de Vilagarcía, do Servizo Municipal de Protección Civil e Xestión de Emerxencias da localidade e da Policía Local.

Unha vez na vivenda afectada, os servizos de emerxencia confirmaron ao 112 Galicia que o incendio fora sufocado por un veciño e finalizaron a súa intervención despois de comprobar a zona afectada.

Comentarios