Un home resulta ferido tras envorcar o tractor que conducía en Ponteceso

Un home resulta ferido tras envorcar o tractor que conducía en Ponteceso
Un home resulta ferido tras envorcar o tractor que conducía en Ponteceso

Finalmente, unha vez no punto, os membros do GES comunicaron ao 112 Galicia que o home estaba no interior da cabina do vehículo pero que non estaba atrapado

Un home resultou ferido ao envorcar o tractor que manexaba cando circulaba pola estrada de Langueirón, no concello de Ponteceso.

Tras recibir a alerta dun particular, sobre as 20:30 horas deste martes, que indicou que o condutor podía estar atrapado no interior da cabina do vehículo agrícola, o 112 Galicia avisou de inmediato ademais de ao persoal sanitario, aos Bombeiros de Carballo. Tamén, os xestores de emerxencias, informaron dos feitos aos axentes de Tráfico, da Policía Local de Ponteceso e aos efectivos do GES e de Protección Civil da localidade.

Finalmente, unha vez no punto, os membros do GES comunicaron ao 112 Galicia que o home estaba no interior da cabina do vehículo pero que non estaba atrapado. Os profesionais sanitarios puideran evacualo polo portón de atrás da máquina coa axuda dunha padiola de palas para trasladalo en ambulancia ao centro hospitalario de referencia.

Comentarios