Un incendio afecta a unha nave en Tomiño sen rexistrar danos persoais

Un incendio afecta a unha nave en Tomiño sen rexistrar danos persoais
Un incendio afecta a unha nave en Tomiño sen rexistrar danos persoais


A nave, de grandes dimensións, almacenaba diversas ferramentas agrícolas, ademais de ao redor de 1.200 pacas de palla


Un incendio declarado no interior dun alpendre no concello pontevedrés de Tomiño mobilizou aos servizos de emerxencia na tarde de onte.

A nave, de grandes dimensións, almacenaba diversas ferramentas agrícolas, ademais de ao redor de 1.200 pacas de palla, que remataron completamente calcinadas polo lume.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o lume empezou ás 18:30 horas. Nese momento, varios particulares contactaron co Centro Integrado de Atención ás Emerxencias para informar dun fume negro que desprendía un pendello próximo a varias vivendas, na parroquia de San Xoán de Amorín.

Decontado, os xestores do 112 Galicia puxeron a situación en coñecemento dos Bombeiros de Vigo e do Baixo Miño, do GES da Garda e tamén da Policía Local e dos membros de Protección Civil de Tomiño.

Tras rematar a intervención, o Servizo de Extinción Prevención de Incendios e Salvamento confirmou que a estrutura da nave quedou bastante afectada sen ter que, afortunadamente, lamentar danos persoais.

Comentarios