Veciños de Foz logran salvar a unha balea varada na Praia de Xuncos

Veciños de Foz logran salvar a unha balea varada na Praia de Xuncos
Veciños de Foz logran salvar a unha balea varada na Praia de Xuncos

O 112 Galicia tivo constancia dos feitos ás 18:30 horas cando recibiu a alerta do avistamento de dous cachalotes moi preto da Praia das Polas, en Foz

Os viandantes que se acercaron á Praia de Xuncos nas últimas horas da tarde de onte foron testemuña dun curioso operativo de rescate. Os veciños da localidade conseguiron devolver ao océano a unha balea que se achegou demasiado á costa e rematou varada no areal.

O 112 Galicia tivo constancia dos feitos ás 18:30 horas cando recibiu a alerta do avistamento de dous cachalotes moi preto da Praia das Polas, no concello lucense de Foz. Nun principio, os animais foron vistos no seu hábitat natural e non presentaban perigo para a navegación marítima nin poñía en risco a súa seguridade.

Non obstante, horas máis tarde, ás 22:30, comunicouse ao Centro integrado de Atención ás Emerxencias, que unha balea viva fora atopada na Praia de Xuncos, a pouca distancia do primeiro avistamento.

Así, os xestores do 112 Galicia puxeron os feitos en coñecemento da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) e dos membros de Protección Civil de Foz, que nada mais chegar ao lugar, confirmaron que entre varios veciños foron capaces de devolver ao animal ao océano, debido a que as condicións marítimas eran favorábeis para realizar o operativo. 

Comentarios