Castiñeiras celebra as súas festas cunha programación chea de música e sardiñada

Castiñeiras celebra as súas festas cunha programación chea de música e sardiñada
Castiñeiras celebra as súas festas cunha programación chea de música e sardiñada

A celebración desenvolverase do venres 23 ao domingo 25 de agosto

Castiñeiras vai celebrar esta fin de semana as súas festas de verán a través dunha programación organizada polo Concello a través do seu departamento de Cultura. A celebración desenvolverase do venres 23 ao domingo 25 de agosto.

Así, o venres ás 20 horas haberá unha misa en honor do Sagrado Corazón de Xesús, cantada polo Coro Parroquial Bon Pastor de Castiñeiras. Ás 22.30 horas terá lugar no campo da festa (no porto da localidade) unha sesión musical con Discomóbil Chocolate.

SESIÓN INFANTIL

O sábado espertará ás 10 horas con bombas de palenque anunciando a festividade. Ás 17 horas disputarase o Campionato Galego de Windsurf a iniciativa do Club Catro Ventos. Ás 17.30 horas desenvolverase unha sesión infantil con inchables e taller de globoflexia, mentres que ás 13 horas terá lugar unha gran sardiñada con viño, refrescos e pan de millo e trigo amenizada polo grupo de gaitas Xiada.

Ás 20 horas terá lugar unha nova misa en honor a San Cristóbal e cantada polo Coro Parroquial Bon Pastor de Castiñeiras e a continuación haberá unha procesión acompañando a imaxe de San Cristóbal. A xornada rematará cunha verbena ás 22.30 horas amenizada polo grupo Beiramar e música disco dende as 1.30 horas con DJ Carlos Torres.

Por último, o domingo, tras as bombas de palenque das 10 horas, haberá un pasarrúas polo grupo de gaitas Xiada. Os fastos concluirán ás 12 horas cunha misa solemne en honor á Virxe do Carmen cantada polo coro parroquial e, acto seguido, unha procesión e ofrenda floral aos mariñeiros falecidos coa participación da lancha da Cofradía de Pescadores e Cruz Vermella de Ribeira.

Comentarios
Lo más