Falece un home na praia de Coroso, en Ribeira

Falece un home na praia de Coroso, en Ribeira
Falece un home na praia de Coroso, en Ribeira

Descoñécense as causas do seu falecemento

Un home perdeu a vida esta tarde cando se atopaba na praia de Coroso, en Ribeira. Os feitos ocorreron ao fío das 18:00 horas de onte.

Foi nese momento cando varias persoas particulares alertaban da situación do home ao 112 Galicia.

A partir de aí, desde o CIAE 112 Galicia solicitouse a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que a pesar dos esforzos nada puideron facer por salvarlle a vida. Ademais, o persoal do 112 Galicia informou do ocorrido á Policía Local.

Polo momento descoñécense as causas do seu falecemento.

Comentarios
Lo más