Colisión múltiple entre tres turismos en Sada

Colisión múltiple entre tres turismos en Sada
Colisión múltiple entre tres turismos en Sada

O sinistro produciuse no lugar de Mondego, na estrada que une Sada e Meirás, ao fío das 13:30 horas de onte

Unha colisión entre tres turismos saldouse esta tarde con dúas persoas feridas no termo municipal coruñés de Sada. O sinistro produciuse no lugar de Mondego, na estrada que une Sada e Meirás, ao fío das 13:30 horas de onte.

Nese momento, unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para dar conta do accidente e, decontado, os xestores do CIAE 112 Galicia puxeron a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, do Servizo Municipal de Protección Civil da localidade e dos Bombeiros de Betanzos.

Comentarios