La Galiciana fai un ano desde a súa apertura

La Galiciana fai un ano desde a súa apertura
La Galiciana fai un ano desde a súa apertura

Con motivo do seu primeiro aniversario, o mercado ten un programa especial que contará con actuacións de Irene Carunhco, grupos de folk e sesións de djs.

Hoxe, día 22 de agosto, o que foi o primeiro mercado gastronómico de Galicia, fai un ano desde que abriu as súas portas ao público. 

Para celebralo, La Galiciana conta desde hoxe mesmo, cunha progamación especial cargada de actuacións musicais e bailes de son cubano, por que cubanos? Pois polo mesmo motivo que recibe o nome este lugar, debido ás ceas que organizaban os fillos de inmigrantes galegos en Cuba.

O xerente do mercado, Benigno Sánchez, síntese orgulloso de que La Galiciana posicionarase dende o primeiro momento como lugar de referencia na cidade e en Galicia.

Foto4

Tras cumprirse un ano dende a innauguración do proxecto, o equipo fai unha valoración positiva de estes 12 meses e apunta que son 300.000 persoas as que visitaron este espazo, aínda que señala que o seu éxito non se debe ao número de visitantes, senón a boa acollida que teñen todas aquelas persoas que escollen este mercado para degustar un produto de primeira calidade nun entorno informal. Desde o primeiro momento no que se entra, calquera pode observar a implicación deste local ca ambientación galega, a atmosfera desta antiga nave industrial incita a probar algúns dos pratos típicos da zona, de feito, son os pratos galegos os favoritos por todos os que veñen ata aquí, aínda que a comida asiática ten unha moi boa acollida entre o público. 

Con vistas ao próximo ano, o mercado pretende situarse nunha etapa de consolidación ca mesma estratexia que seguiron ata agora, "diferenciándose pola súa oferta gastronómica innovadora e en constante evolución". Por iso, non hai mellor maneira para honrar esa frase que anunciar que La Galiciana contará cunha nova proposta de cociña internacional. Será a partir de xaneiro cando se poda desfrutar da nova cociña mexicana que se abrirá no mercado. 

Na rolda de prensa, Benigno Sánchez convidou aos medios de comunicación a un "picoteo informal" mentres  un grupo de gaiteiros contratados polo propio xerente animaba o evento, de tal xeito, que era dificil distinguir se se trataba dunha romería dentro dun local ou o seu primeiro aniversario. 


PROGRAMA ESPECIAL PRIMER ANIVERSARIO


Xoves 22 de agosto 

13.00h-14.30h Sesión Vermú. Grupo folk Os da tenencia do Hórreo

24.00h Concerto de Irene Caruncho

Venres 23 de agosto. Día das Galicianas

12.30h-13.30h Homenaxe á emigración. Charla e presentación de produtos gourmet na tenda “Secretos de Galicia”

24.00h-02.00h Concerto de música tradicional cubana co grupo Son Tres

Sábado  24 de agosto 

13.00h-14.30h Pincholeiros drink. Degustación de vermú galego

22.00h-02.00h DJ Rolo

Domingo 25 de agosto.

13.00h-14.30h Sesión vermú ca actuación de Ningún DJ

23.00h ¡A hora do desembruxo! Degustación de queimada


Comentarios
Lo más