A Noita Folk de Negreira volve unha edición máis no Refuxio de Covas

A Noita Folk de Negreira volve unha edición máis no Refuxio de Covas
A Noita Folk de Negreira volve unha edición máis no Refuxio de Covas

Este sábado día 17, a partir das dez da noite, no Refuxio dos pescadores de Covas, volve a Noitefolk

A Noite Folk de Negreira comezará ás dez da noite con Xabier Diaz, cantante, compositor, investigador e compilador de música tradicional, que formou parte de grupos coma Rumbadeira, Nova Galega de Danza e Berrogüetto.

A continuación, a partir das once e media chegaralle o turno a Leilía, coñecidísimo grupo de cantareiras e pandereiteiras que está a celebrar o seu trinta aniversario.

Para pechar esta noite máxica, a partir da unha da mañá estará outro clásico como A Roda, grupo formado en 1976 por un grupo de amigos vigueses que adoitaban cantar músicas populares polas tabernas.

Este sábado día 17, a partir das dez da noite, no Refuxio dos pescadores de Covas, volve a Noitefolk.

Comentarios
Lo más