O Concello de Ordes emprenderá esta semana o inicio das obras das beirarrúas de Alfonso Senra

O Concello de Ordes emprenderá esta semana o inicio das obras das beirarrúas de Alfonso Senra
O Concello de Ordes emprenderá esta semana o inicio das obras das beirarrúas de Alfonso Senra

Unha vez rescindido e liquidado o contrato coa anterior empresa adxudicataria o prazo de execución deste proxecto ten como data límite o vindeiro 31 de outubro 

O Concello de Ordes vai reiniciar as obras de humanización da avenida Alfonso Senra, unha vez rescindido e liquidado o contrato coa anterior empresa adxudicataria, e efectuada unha nova licitación con un proxecto reformado para o remate. Esta mesma semana o alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, asinaba o contrato coa nova empresa.

O tramo no que se levarán a cabo as obras é o que vai dende os cruces que enlazan a arteria principal da vila coa rúas Compostela ata Casabella en ambas marxes. O prazo límite de execución inicialmente establecido desta obra está marcado para o 31 de outubro, tendo un importe total en investimento de 376.000 euros.

A partires de agora levarase a cabo a construción de 850 metros de beirarúa, 415 metros pola marxe dereita e outros 435 metros pola esquerda, ambas con bordo de granito biselado. Previamente demolerase o bordo, rigola e pavimento das beirarrúas existentes e realizarase o levantamento do firme. 

Tamén se canalizarán as augas pluviais en ambos lados con case 900 metros de tubaxe de distintos diámetros, ademais de executarse 14 pozos de rexistro e 24 sumidoiros. Para o abastecemento de auga potable completaranse os 168 metros xa executados con máis de 700 metros de pvc, 54 metros de polietileno, 6 válvulas de comporta e 54 arquetas con válvula. Tamén se verá mellorado o sistema de iluminación pública coa instalación de 875 metros de tubaxe e 8 arquetas.

O proxecto contempla a reposición dos firmes afectados coa pavimentación de varios treitos da calzada con capa de formigón mallado e xuntas de dilatación, ademais dunha nova rigola. Por último levarase a cabo a sinalización horizontal co repintado de liñas e bordes, pasos de peóns e illetas, así como entronques nas redes existentes, traslados de sinais e luminarias e adaptación de pozos e arquetas.

Dende o goberno local, pedimos as oportunas desculpas a veciñanza pola problemática derivada da paralización das obras nos pasados meses, ante os imprevistos acontecidos na execución inicial cos servizos afectados, e a negativa a negociar tras a suspensión temporal das obras un modificado ou a inmediata rescinsión conforme ao encadrado na LCSP por parte da empresa anteriormente adxudicataria. Así mesmo solicitamos a máxima comprensión e colaboración de calquera afectado para que as obras que agora se van a reiniciar poidan estar rematadas no prazo previsto, tendo en conta que se vai a executar con un plan de traballo que en case todos os momentos vai actuar en ambas marxes da vía de maneira simultánea.

Comentarios